Cenlle pon o broche de ouro este domingo ao Espíritu Ribeiro


O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu na noite deste sábado, en Castrelo de Miño, á segunda xornada do Espírito Ribeiro, festival organizado por este concello xunto ao de Arnoia e Cenlle co apoio da Deputación e a Xunta de Galicia. Este sábado estivo protagonizado polo mercado de produtores locais e as actuacións de Roi Casal e o espectáculo homenaxe a Raffaella Carrá.

César Fernández estivo acompañado, entre outros, polos conselleiros de Medio Rural e Sanidade, José González e Julio García Comesaña; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; ou os alcaldes de A Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle, Rodrigo Aparicio, Avelino Pazos e José Manuel Rodríguez.

Á tarde-noite deszte domingo celebrarase en Cenlle a terceira xornada da segunda edición do Espírito Ribeiro. A programación arrancará co pallaso Rony Macarroni e o seu espectáculo para público infantil e familiar. A continuación, o grupo ourensán Soul & Roll interpretará versións de clásicos pop e para concluír, o grupo Tam Tam Go.