Caballero destaca a Vigo como destino de mercado relevante


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo unha reunión con Antonio de Nó, director de Comunicación e Relacións Institucionais de Air Nostrum e Juan Corral, director Comercial da compañía.

Nesta reunión trataron a situación das actuais rutas que ten a operadora no aeroporto olívico de Peinador, conectando Vigo con: Lanzarote; Las Palmas; Ibiza; Menorca; Palma de Mallorca; Alicante; Valencia; Santander; Málaga; Sevilla e Bilbao.

O rexedor destacou na rolda de prensa que “estas operacións están en Vigo porque o Concello os paga”, a vez que se suman novos voos que operan porque observan a actual relevancia da cidade como destino de mercado.