Bonito, o bocado cantábrico en Burela


Maxia como a que fai o seu alcalde Alfredo Llano nalgunha presentación do destino, o mellor peixe, bos restaurantes, ofertada acolledora de aloxamento, unha brisa do Cantábrico refrescante neste verán ardente, iso e máis é Burela, localidade de referencia na Mariña Luguense, sitio que non debe perderse o visitante.

Un lugar aberto todo o ano, afable, no que conviven en armonía cidadáns de 43 nacionalidades distintas, traballadores do mar na súa meirande parte.

Una das grandes citas gastronómicas do estío galego é a Feira do Bonito de Burela, festa de Interés Turístico Nacional, que se celebra o primeiro fin de semana de agosto e que congrega a miles de persoas que acuden á chamada do príncipe azul dos mares, coincidindo en datas con Produart, feira dos productos artesanais e ecolóxicos que ten como escenario a nova nave de redes no porto burelense. Dous motivos para establecer parada e fonda en Burela na escapada á Mariña Luguesa.

O bonito é un dos principáis impulsores económicos desta vila mariñeira que ten na gastronomía e no turismo outro dos seus piares básicos. Burela é o porto boniteiro máis importante de Galicia e un dos principais de Espàña, unha especie que xera un importante volumen económico na súa lonxa.

E en setembro chega o festival Osa do Mar, música diversa nun enclave previlexialo. E por qué Osa do Mar, sinxelo é o nome ao revés dunda das principais praias de Burela, a praia da Marosa. Outro motivo para voltar ao carón do Cantábrico cando o outono comeza a asomar.