As termas públicas e gratuítas de Outariz-Burga de Canedo, na marxe dereita do río Miño, cambiarán desde este sábado, 13 de agosto, a súa capacidade, de xeito que estará permitido que sexan utilizadas simultaneamente por un maior número de persoas.
Ata o de agora, as termas podían ser usadas por un máximo de 12, 18 e 12 persoas por quenda, respectivamente. Estas capacidades máximas pasarán desde o sábado a 15, 25 e 15, por orde do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que aplicará unha interpretación máis permisiva da normativa que regula o uso deste tipo de instalacións.
O alcalde avanzou tamén que as obras das termas do Muiño comezarán de xeito inminente.