As Pontes, segunda cita das seis feiras coruñesas para impulsar o comercio local


Serán 18 os comercios locais que participen, durante esta fin de semana, na Feira de Oportunidades que a Deputación da Coruña celebra no Concello das Pontes, un novo proxecto de dinamización do comercio local que comezou en Cambre, continúa nas Pontes e posteriormente chegará a Carballo, Betanzos, Arteixo e Culleredo.

A feira ten lugar este sábado e domingo, de 10 a 20 horas, no lago pontés e as persoas que se acheguen ata alí poderán atopar postos dedicados a alimentación, moda, tatuaxe, cosmética, libraría... Ademais, nun dos stands haberá un taller de artes.

A Deputación realizou un contrato para o desenvolvemento dunha serie de seis feiras entre concellos con poboación entre 10.000 e 50.000 habitantes que conten con Asociación de comerciantes e con mesa de comercio propia ou mesa de comercio da Deputación.

O fin das mesmas é fundamentalmente apoiar aos comerciantes e artesanos da provincia. A duración das feiras terá unha duración máxima de 3 días (de venres a domingo). Comezou en Cambre do 22 ao 24 de xullo e, despois da das Pontes, continuará en Carballo, do 26 ao 28 de agosto, en Betanzos, do 2 ao 4 de setembro, en Arteixo, do 9 ao 11 de setembro, e rematando en Culleredo, do 16 ao 18 de setembro.