Catro concertos protagonizados polo cantante e compositor Amancio Prada catapultan oportunidades hedonistas en espazos monumentais de Galicia. O ciclo, apoiado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia chegará aos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia.
A primeira das citas terá lugar este sábado 27 na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como Adiós ríos, adiós fontes, Como chove miudiño ou Airiños, aires. Un día despois desta actuación, Amancio Prada volverá a subirse ao escenario no mosteiro de Armenteira, en Meis.
Na seguinte semana continuará o ciclo na igrexa de Ventosa, en Agolada, e na de San Martiño de Noia. Todas estas citas, con entrada de balde ata completar aforos, terán lugar ás 21,00 horas.