Adega de Carlos e Confitería Moure, premios de Tapas Eróticas de Lugo




O deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou na entrega de premios do Cume Tapas Erótico organizados esta semana pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL), coa colaboración da Deputación de Lugo.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, acolleu a entrega de galardóns que recoñeceu á Adega de Carlos, coa tapa Ofigochorréame; a MC, que levou o segundo premio coa tapa Goza do Rabo, e á Confitería Moure polo seu Volaván Ardente.

A institución provincial achega 40.000€ para a posta en marcha de iniciativas por parte da APEHL, entre as que se atopan esta iniciativa en Monforte de Lemos, pero tamén a promoción turística ou un curso de enoturismo.