Axudas de máis de 700.000 euros á formación profesional pesqueira


O Diario Oficial de Galicia publicou este pasado martes unha orde da Consellería do Mar do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro.

O importe máximo das subvencións que se concedan no ano 2022 será de 707.000,00 euros repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 257.000,00 euros á anualidade 2022 e 450.000,00 euros á anualidade 2023.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia