A rede de carreteras de Pontevedra no Plan Estratéxico 2030


Financiamento estable por parte da Deputación de Pontevedra para completar a transformación de toda a rede provincial de carrerteras:1.625 Km repartidos en 368 estradas, o que supón unha lonxitude semellante aos 1.801 Km que suman as redes autonómica e estatal na provincia). A institución inviste actualmente 18 millóns de euros nas súas infraestruturas de comunicación "e con este Plan comprometémonos a un gasto mínimo anual dese mesmo importe nos próximos oito anos”. O vicepresidente Mosquera debullou que nese importe anual inclúense tódalas obras, mesmo os pintados, sinalizacións, rozas e pavimentos, que serán universais e sistemáticos

A de Pontevedra foi a primeira deputación no Estado que puxo redutores de velocidade no 2005, sendo pioneira á forza pola alta cifra de sinistralidade que existía daquela. O Plan Estratéxico está baseado nos principios de transparencia (regras claras no deseño e na relación cos concellos), solidariedade interterritorial (obras en toda a provincia concibindo a rede provincial como un todo), inclusión (atención preferente aos colectivos máis vulnerables: peóns, ciclistas, transporte público e, finalmente, vehículo privado), visión de xénero (integración da perspectiva de xénero para garantir un dereito equitativo ao espazo público), sustentabilidade (redución da pegada de carbono e adaptación dos proxectos ao medio natural e ás contornas patrimoniais) e futuro (orientación dos proxectos a conceptos e solucións innovadoras para garantir a sostibilidade e camiñar cara aos cambios tecnolóxicos).