A gran parada polbeira está este domingo no Carballiño


Este domingo, 14 de agosto celébrase o día grande da Festa do Pulpo do Carballiño que estrena o marchamo de Festa de Interés Turístico Intercional coincidindo coa súa sesaxésima edición. Este día a gran pulpada, a comida popular a base do cefalópodo á feira, celébrase no parque Municipal, maxistralmente elaborado por las afamas pulpeiras de Arcos.

Por qué sendo unha comarca de interior ten como prato estrela o polbo, e as polbeiras más afamadas son as de Santa María de Arcos?. Estamos a falar das Terras do Carballiño. A resposta está recollida na web www.festadopulpodocarballino.com e ten unha importante base histórica que non está demais coñecer.

Temos que remontarnos á vida relixiosa no século XII do mosteiro de Santa María de Oseira, no municipio de San Cristovo de Cea (Ourense), fundado por monxes beneditinos en 1137 e que poucos anos despois pasaría á orde do Císter.

Diego Arias, servidor da raíña Dona Pega, recibe da coroa, polos seus leais servizos, o Couto de Marín (Pontevedra). Apesarado pola morte da súa dona, busca sosego e ordénase monxe no mosteiro Santa María de Oseira cara ao 1150. Os seus bens, aínda que máis tarde tentaría recuperalos sen éxito, pasan a ser propiedade da abadía de Oseira, tal e como obrigaba a orde do Císter.

Os monxes cistercienses, xa propietarios daquelas terras, recibían os pagamentos e diezmos dos parceiros dos pobos costeiros en metálico e en especies, entre elas o polbo (seco), polo usufruto das numerosas propiedades acaparadas polo mosteiro.

Partindo dunha feira mensual en Cea, para comerciar e recadar impostos, concesión outorgada aos monxes polo rei Sancho IV no ano 1286 (século XIII), os frades viron o beneficio de trasladala séculos máis tarde ás beiras do camiño real en Partovía (encrucillada de camiños, paso de peregrinos e arrieiros) para vender e comercializar o excedente de polbo, entre outros productos.

Esta feira, co paso dos anos, foise consolidando e contribuíu decisivamente á formación do actual Carballiño e a impulsar o oficio de “pulpeiras” e “pulpeiros”.

As mulleres do pobo de Santa María de Arcos (O Carballiño) foron actrices fundamentais nesta historia. Atopáronse cun produto pouco agradable á vista, e de textura algo correúda a pesar das longas coccións. Aos poucos foron descubrindo o segreto para transformar nun manxar aquel estraño animal. Rehidratar (nas súas orixes era polbo seco), golpear, escaldar tres veces, cocer e finalmente deixar repousar…antes de torar os raxos en rodelas e aderezalos con sal, pemeto e aceite.

Pulpeiras de Arcos do Carballiño é, na actualidade, o nome patentado pola asociación que agrupa a estas profesionais do concello carballiñés co que pretenden acabar cos fraudes que cometen outros pulpeiros de diversas zonas que se ofrecen como orixinarios de Arcos.