A Feira da Cervexa Artesá de Ferrol contará con 60 tipos para degustar


Ferrol acollerá esta fin de semana na praza da Constitución, entre os días 12 e 15 de agosto, a quinta edición da Feira da Cervexa Artesá de Ferrol. Nesta nova cita poderanse degustar máis de 60 tipos de cervexas elaboradas artesanalmente procedentes de Galicia e outros puntos do país. O Concello de Ferrol colaborará no evento, organizado pola asociación de Cervexeiros Artesáns e a Ruta del Lúpulo.

Haberá actividades desde a tarde do venres ata a noite do luns, como xogos populares, actuacións musicais e numerosos e atractivos talleres infantís, entre outras actividades. De xeito permanente, durante os catro días do festival haberá unha zona de xogos tradicionais para todas as idades. A cita busca fusionar a cervexa artesá coa gastronomía, polo que acudirán tamén tres gastronetas: de pan libanés, de brasas e outra con produtos veganos e vexetarianos.

No ámbito musical, o venres 12, de 20.00 a 23.00 horas, terá lugar a actuacións de Suso Manchita. O sábado, ás 13.30 horas, estará Átomica DJ; ás 20 horas o grupo Ferrock; e ás 22 horas Blackjack Grupo. O domingo, ás 13.30 horas, actuará Agostinho DJ e ás 21.30 horas Milómanos. Por último, o luns ás 20 horas estará DJ Occy.