A D.O. Monterrei promove un túnel do viño na Costa da Morte


O próximo 20 de agosto, os tintos e brancos de Monterrei serán protagonistas dun túnel do viño da denominación que terá lugar en Muxía (Costa da Morte).

O Albergue Bela Muxía acollerá unha nova acción promocional da denominación para este 2022, na que estarán presentes viños de 19 adegas rexistradas na mesma. A mesma celebrarase entre as 17 e 21 horas, e estará destinada a catadoras, sector da distribución, canle Horeca e escolas de hostalería, entre outros.

Ao longo de catro horas, os participantes coñecerán as peculiaridades climáticas e de chan de Monterrei, a súa tradición vitícola, ademais de tipoloxías de viño ou variedades de uva. Asímismo, poderán degustar o produto elaborado no territorio, da man das adegas participantes nesta iniciativa promocional: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Para máis información: 606 738 242 ou info@paadin.es.