A Deputación da Coruña ensalza o enorme potencial turístico de Equiocio


A Deputación da Coruña ensalza o enorme potencial turístico e deportivo de Equiocio. Un certame que mantén firme tamén o seu empeño de converterse en escaparate de promoción do Xeodestino Ferrolterra, e para iso conta con stands turísticos de oito municipios e da Mancomunidade de Ferrol. Puntos de información que animan ao público a aproveitar a visita ao evento para coñecer a comarca.

A Deputación colabora, un ano máis, no Equiocio, o certame hípico que reúne a xinetes e amazonas de diferentes puntos de España e Portugal. Esta XXXI edición celébrase ata 7 de agosto no ferrolán Campo das Cabazas, en Covas.

A deputada Sandra González indicou que Equiocio é un evento "único que une o deporte, a cultura, a gastronomía, o respecto polos animais, a sensibilización co coidado do medio ambiente e o turismo dun xeito dinámico, colaborativo e inclusivo". Equiocio é un espazo que favorece a sinerxia entre a sostibilidade e a natureza, sendo un recurso turístico de gran proxección internacional ademais dun evento deportivo de alto nivel onde tamén se crea conciencia polo respecto ao medio ambiente e a súa conservación.