O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar catro resolucións de axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria -dependente da Consellería do Medio Rural- relativas a convocatorias do ano pasado. En total, supoñen o investimento por parte da Xunta de máis de 4,2 millóns de euros, para impulsar a nova participación de produtores en réximes de calidade ea promoción das producións galegas de calidade diferenciada, así como para contribuír a garantir o funcionamento e os programas de control dos consellos reguladores dos distintos selos de calidade.
Atendendo ao importe das achegas concedidas, destacan as dirixidas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada. Así, neste caso contabilízanse 53 beneficiarios de preto de 3,1 millóns de euros en subvencións. En concreto, subvenciónanse actuacións que teñan como finalidade inducir ás persoas consumidoras a adquirir produtos de calidade, isto é, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida ou de produción ecolóxica. Nesta liña, entrarían as campañas publicitarias e outras accións como catas comentadas, degustacións, presentacións públicas, feiras ou exposicións.
En segundo lugar, sitúanse as axudas aos consellos reguladores das denominacións de calidade para gastos de funcionamentono exercicio 2021. En concreto, nesta convocatoria repartíronse 600.000 euros entre un total de 25 consellos reguladores. Entre os gastos subvencionables están os custos de persoal e bens correntes e de servizos relacionados coa actividade normal dos consellos reguladores, como o alugueiro de locais, bens funxibles, electricidade, telefonía, auga, gas, envíos e mensaxeira, pólizas de seguros, gastos de desprazamento, manutención, aloxamento, etc.
Asemade, destínanse aos consellos reguladores, neste caso a un total de 16 entidades, outros preto de370.000 euros para que leven a cabo os seus programas de calidadea groalimentaria. Así, ven apoiadas as súas actuacións encamiñadas ao control da calidade e da orixe dos produtos das denominacións de orixe, das indicacións xeográficas ou da agricultura ecolóxica. Tamén podían recibir subvención os estudos, as investigacións e o desenvolvemento de programas para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador e para o seu mantemento.
Por último, cabe mencionar as axudas á nova participación de produtores en réximes de calidade, tamén do pasado ano 2021. Nesta convocatoriao número de beneficiarios ascende a 711 e o importe distribuído achégase aos 170.000 euros. Cabe lembrar que neste caso podían acceder ás subvencións os titulares de explotacións agropecuarias que se incorporasen a un determinado indicativo de calidade despois do 18 de novembro de 2015 e que cumprisen a condición de agricultor activo. No caso da produción ecolóxica, tamén podían recibir axuda aqueles que xa tiveran actividade e que incorporasen agora algunha nova orientación produtiva.