500 kilos de sardiñas e viño gratis, anzó das festas de Portonovo




Portonovo inicia a conta atrás para celebrar unhas festas patronais marcadas pola música, o baile e as tradicionais celebracións litúrxicas. Tras dous anos de pandemia, as atraccións volverán ao recinto portuario desde o 12 ata o 21 de agosto e con elas os concertos, as verbenas e a animación nas rúas. A Comisión de Festas San Cristóbal de Portonovo e o Concello de Sanxenxo xa teñen lista a programación para honrar a San Roque, A nosa Señora e á Virxe da Carmen na vila mariñeira.

A actividade festiva comezará hoxe mesmo coa subida dos santos da capela de Portonovo á igrexa de Adina. Aí permanecerán "irmanándose" as nove imaxes ata o día 15 de agosto. Ese día tras a celebración litúrxica e procesión en Adina en honra á nosa Señora, volverán baixar os santos á capela de Portonovo. Pola noite, o recinto portuario acollerá a tradicional verbena, a partir das 23 horas, coa orquestra Olympus e, a continuación, actuará o DJ Kiko Rivera con numerosas sorpresas para os asistentes.

O 14 de agosto, ás 13 horas, o recinto portuario acollerá a Sardiñada Popular na que se repartirán máis de 500 quilos de sardiña e viño gratuitamente entre os asistentes. Ás 23 horas, terá lugar o Festival de Danzas do Mundo no que se realizará unha demostración de todo tipo de bailes.

O 16 de agosto, coincidindo coa celebración de San Roque, pola mañá celebrarase o tradicional encontro de imaxes da capela de Portonovo e a igrexa de Adina no lugar da Ponche. Ás 13 horas, a Casa de Don Fernando acollerá a actuación da Banda de Música de Meaño. Ás 19 horas haberá música e procesión na capela de Portonovo. A partir das 23 horas, a verbena correrá a cargo de orquéstra Cubo e, a partir das doce da noite, realizarase a tradicional tirada de fogos de artificio. Tras os fogos, actuará a exconcursante de OT Soraya.

O 17 de agosto, Día do Carmen, a banda de Música de Redondela ofrecerá un concerto na contorna da capela de Portonovo, ás 13 horas. Ás 19 horas, celebrarase a tradicional misa e procesión. Ás 23 horas, a verbena correrá a cargo de orquestra Cinema e dun grupo de mariachis. O broche final á actividade festiva será o 18 de agosto co Día do Can. Ás 17 horas realízanse xogos tradicionais no porto (carreiras de sacos, carretillas, pau de sebo, carreira de botes...)

Tras concluír os xogos, ao redor das 20:30 horas, realizarase o popular desfile de cans no porto. Un concurso no que se premiará con 150, 100 e 50 euros aos mellores disfraces e posta en escena. A inscrición na proba realízase no mesmo día. Ás 22:15 as orquestras Tango de Vigo e o Combo Dominicano porán o final de festa da programación.