O 8 de agosto comezan as actividades vinculadas a viaxes para maiores na ría de Vigo. Acaba de abrirse o prazo para a inscrición, que rematará o 29 de xullo. Así anunciouno o alcalde en rolda de prensa, que segundo explicou as reservas poden facerse no 010.
Esta actividade é complementaria ás actividades que xa veñen desenvolvendo as asociacións de veciños nos seus locais e en diferentes ámbitos da cidade. Haberá 2.000 prazas desde finais de xullo, agosto e setembro para as persoas maiores e tamén para persoas con discapacidade. “Calquera particular interesado pode dirixirse a súa asociación de veciños para apuntarse”, aclarou o rexedor.