Rianxo oferta prazas gratis nun catamarán para conmemorar a Traslatio


O domingo 17 de xullo terá lugar a XXXVI Conmemoración da Traslatio, organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

O Concello de Rianxo oferta de xeito gratuíto e con inscrición previa unha travesía en catamarán con saída dende o porto de Rianxo. A inscrición e recollida de billetes para o catamarán pode realizarse nos puntos de información turística de Rianxo ata completar a capacidade da embarcación.

O horario de actos previsto para o 17 de xullo é o seguinte:16:15h Acto institucional no Auditorio Municipal do Concello de Rianxo  17:00 Embarque no catamarán (porto de Rianxo) para todas as persoas con reserva previa. 17:15 Saída do catamarán e travesía a Pontecesures. 19:30 Saída de regreso de Pontecesures a Rianxo.

O Códice Calixtino e a lenda do Apóstolo Santiago O Maior cóntanos que a súa travesía entrou en terras galegas pola ría de Arousa en barca de pedra ata Padrón para ser enterrado na actual Compostela. Así, os seus restos descansarían na Catedral de Santiago de Compostela.