Ourense conta con letras corpóreas na Ponte Vella como reforzo turístico


A cidade conta desde esta semana cunha das letras corpóreas co nome de Ourense no entorno da Ponte Vella. O alcalde da capital das burgas, Gonzalo Pérez Jácome, destaca o “atractivo que representa esta instalación cun deseño que se utilizará para diversas accións promocionais”.

As letras teñen o obxectivo de ser un novo punto de atracción turística, nun marco tan icónico para a cidade como é a Ponte Vella de fondo, o cal, desta maneira, tamén reforza o valor de todo o conxunto.

En palabras do alcalde, “na estrutura instalada, destacan as tres letras OUR realizando un xogo co concepto noso, que é a tradución inglesa de OUR. Esta proposta persegue un fortalecemento da propia identidade que resultaría efectiva para os visitantes e para a cidadanía en xeral”.