Novo éxito da DO Monterrei en Cabo Ortegal




A última actividade promocional da D.O. Monterrei, celebrada en Cariño (Cabo Ortegal), contou con máis de medio centenar de asistentes da zona.

Ao longo de catro horas, membros do sector da restauración e hostalería, distribución, e administración pública, entre outros, coñeceron as peculiaridades desta denominación vitivinícola galega.

Así mesmo, os participantes nesta iniciativa da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das  adegas Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2022, que permitiu que os viños de Monterrei chegasen a cidades como Santander, Bilbao, A Coruña, Oviedo ou Madrid. “É a primeira vez que realizamos unha actividade destas características no territorio de Cabo Ortegal, e permitiunos mostrar o noso produto nesta zona galega, e así abrir novas vías de comercialización para as nosas adegas na mesma”, manifesta a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.