Luz verde a un millón de euros para a iluminación de Nadal en Vigo


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta do acordo acadado pola Xunta de Goberno local que deu luz verde á prorroga coa empresa Iluminaciones Ximénez S.A. correspondente o subministro e servizos de iluminación do Nadal 2022-2023. A realización desta prolongación terá un importe de 967.052 €.

Tamén se licitou mediante procedemento aberto o contrato de ampliación para a iluminación decorativa. O rexedor vigués afirmou que será un “Nadal extraordinario”.