Ioga cada 15 días no solpor na praia de Patos de Nigrán


A maxia da praia de Patos para acadar paz espiritual e física a través do Ioga chega a Nigrán. Con este obxectivo o Concello ofrece quincenalmente desde o martes 12 de xullo ás 20:30 horas na Praia de Patos ‘Ioga e meditación no Solpor’ a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo.

O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse ás 20:30 horas no areal cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar. As citas con ‘Ioga e Meditación no Solpor’ serán: 12 e 28 de Xullo e 9 e 30 de agosto no propio areal e sempre ás 20:30 horas para que coincida co sorprendente solpor de Patos.

“O pasado mes de Maio realizamos esta actividade aproveitando a convivencia sobre ‘Ioga e Meditación’ na Residencia de Tempo Libre e tivo tanto éxito que non dubidamos en repetir porque ademais así nolo pediron os asistentes”, explica o alcalde, Juan González, quen destaca “a marabillosa combinación do enclave coa propia actividade”.

“Queremos de maneira desinteresada e altruista ofrecer este encontro na busca de maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda ao encontro”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.