Destacan os ourives de Compostela como marca de calidade de Galicia




A Deputación da Coruña tomou parte no acto de inauguración da exposición "O esplendor do Camiño. Oito séculos de pratería e Acibeches en Compostela", que tivo lugar esta tarde no salón nobre do Colexio de Fonseca. O deputado de Promoción Económica, Blas García, destacou a importancia dos ourives composteláns que fixeron e fan do seu traballo "unha marca de referencia en todo o territorio nacional, un sinal de identidade que tense que poñer en valor".García lembrou que o traballo dos ourives santiagueses é parte da nosa cultura e do noso patrimonio desde hai máis de nove séculos "e polo tanto hai que poñelo en valor, e coidalo".

"Prateiros e acibecheiros, representados pola Asociación de Ourives de Santiago de Compostela, continúan o camiño emprendido hai séculos para manter intacto unha das sinais de identidade de Galicia", apuntou García que lembrou o necesario recoñecemento ao labor desenvolvido pola Asociación de Artesáns e Comerciantes "Ourives de Compostela".

"Temos que apoiar o impulso desta marca entre todas as administracións posto que Ourives de Compostela identifica un produto de calidade, da nosa terra, avalado por máis de nove séculos de vida", apuntou. .
Precisamente durante o acto houbo un recoñecemento público do apoio aos "Ourives de Compostela" de Mercedes Rosón Ferreiro, Paula Prado del Río e Mar Lorenzo Moledo.

Tamén estiveron presentes no acto o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o Conselleiro de Cultura, Educación, F.P. e Universidades, Román Rodríguez, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, o comisario da exposición, Fernando Martínez Vilanova, o presidente de "Ourives de Compostela", Arturo Ouro Hortas e o padriño da exposición, Fernando Mayer.