Chico César, Pongo ou Capercaille, primeiras confirmacións de Maré 22


Maré 22, o festival de músicas e artes atlánticas, xa ten confirmación dos primeiros integrantes do cartel para a cita que se celebrará en Santiago entre o 21 e o 25 de setembro.

A organización avanzou as primeiras confirmacións dun cartel en canto a estilos e procedencia dos sons, cunha destacada presenza de mulleres artistas.

Así está prevista na capìtal galoga a presenza da mítica banda escocesa Capercaille, que actuará coa Real Filharmonía de Galicia, a artista angolana Pongo, os brasileiros Orquestra Voadora e Chico César, o trío do Rajasthan Barner Boys, as catalás Maruja Limón, a arxentina Sofía Viola e as galegas Guadi Galego e Antía Muiño.

Xa están dispoñibles, só 48 horas, os primeiros abonos a prezo reducido, os únicos que permiten acceder a todos os espectáculos e actividades.