Carballo apoia o comercio local con 70.000 euros

  


Xunta de Goberno Local aprobou na última sesión ordinaria a concesión de subvencións a entidades empresariais para o desenvolvemento da súa actividade ao longo deste ano.

A Concellería de Promoción Económica realizará unha achega total de 70.000 euros, que se reparten do seguinte xeito: Centro Comercial Aberto (CCA): 29.166,67 euros para o financiamento da unidade xerencial e as campañas de promoción comercial e fidelización da clientela.

Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober): 23.333,33 euros para programas de difusión, formación, promoción e apoio ao tecido empresarial local, Berocasión y Axober Work Party.

Asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa: 17.500 euros para a I Feira do Emprego e a Formación do Polígono de Carballo. En todos os casos, o Concello de Carballo achegará o 80% do orzamento solicitado.