Burela ofrece a oportunidade de asistir a poxa do peixe na lonxa


Contacto directo co peixe recén desembarcado e disposto para a venda. Ese é o atractivo da actividade que propón Burela como actividade para quenes nunca asistiran a unha poxa de peixe.

Este verán ten a oportunidade de asistir á única oral automatizada do mundo, combinando tradición e modernidade nun dos portos máis punteiros do país.

Ademais, tamén poden descubrir os preparativos necesarios, co proceso de pesado e etiquetado previos. Xa están abertas as inscricións no seguinte enlace: http://rutadopeixe.burela.org/gl/

A Ruta do Peixe estenderase ata o 31 de agosto. O prazo para inscribirse ábrese 3 días antes da data de cada unha das visitas. As prazas son limitadas.