'Bueu non stock' e SonRías Baixas 2022 dinamizan a vila mariñeira


Bueu colle dinamismo estival. O aparcadoiro de As Lagoas, na zona dos Xardíns de Urbano Lugrís, acolle esta fin de semana a feira de oportunidades “Bueu non stock”, organizada pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, coa colaboración da Xunta e do Concello, e que busca que o comercio de proximidade poida vender existencias e stocks de temporadas pasadas con importantes descontos e a prezos moi atractivos.

Además, en unha semana dará comezo a gran cita da música ao vivo no Morrazo deste verán. O festival SonRías Baias 2022, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto en Bueu. e que conta con un cartel ecléctico, festivo e dinámico que levará o escenario a Kase.O Jazzmagnetism, Tanxugueiras, Rayden, La MODA, Delaporte, Rels B, Arnau Griso, Ciudad Jara, Eskorzo, Sofía Gabanna, Sara Hebe, Bala, Suu, JazzWoman, Emlan, Maurino, Cool Nenas, Buhos, García Mc & Nación Quilombo, Balkan Paradise Orchestra, Grande Amore e La Duendeneta.

O evento propón así un programa amplo e variado, que combina artistas consolidadas con bandas emerxentes, facendo fincapé na intención de chegar a todos os públicos ao incluír no seu lineup estilos diversos como o rap, o rock, o stone, as músicas de raíz ou mesmo o pop. Ademais, SonRías Baixas será o marco no que 11 bandas e artistas presenten os seus novos shows ou traballos discográficos.