A Deputación de Ourense organizou un "Blog- Trip", unha viaxe organizada con participantes destacados nas redes sociais, para promocionar o territorio transfronteirizo do río Limia-Lima. Na actividade participaron catro "influencers", de orixe galega e portuguesa, que foron os encargados de transmitir nas súas redes a experiencia. Son os galegos Turvegal, Loves Galicia e Bonitalavidaviviendovigo, e o portugués Rui Farinhaa.
A viaxe iniciouse en Ourense. Despois de ser recibidos pola deputada Luz Doporto na área de Benestar da Deputación, nun encontro no que puideron coñecer, entre outras cousas, detalles do programa de Termalismo Social da Deputación. Despois deste encontro, os "influencers" visitaron os concellos de Bande, Lobios e Muíños e cruzaron a Portugal o país por Ponte da Barca e coñeceron Arcos de Valdevez e Ponte de Lima. Logo desprazaronse a Viana do Castelo, onde o río Limia-Lima desemboca no océano Atlántico.
Alí viviron a experiencia deportiva co sendeirismo e o descenso en kaiak polo río Limia-Lima. A experiencia gastronómica tamén formou parte das actividades, degustando a comida tradicional das diversas zonas; ao ámbito cultural déuselle pulo a través da visita a restos romanos como o Aquis Querquennis ou os restos megalíticos de Muíños. Tamén puideron desfrutar do termalismo do territorio no Balneario de Lobios.
Esta actividade forma parte do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V A España- Portugal (POCTEP) 2014-2020.
O obxectivo deste programa é poñer en valor o entorno polo que a través dos seus 108 quilómetros, flúe o río Limia-Lima, para impulsar o turismo responsable, baseado na sostibilidade respecto á poboación local, patrimonio e medio ambiente. En Galicia o proxecto abarca as comarcas que rega o río e en Portugal as cámaras municipais de Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Ponte de Lima e Viana do Castelo.