Betanzos vive a tope este fin de semana a súa Feira Franca Medieval




Betanzos celebra este fin de semana a súa XXIII edición da Feira Franca Medieval. Dous anos despois volve esta feira, referente para os betanceiros/as e centos de miles de persoas da provincia e de Galicia, principalmente.

Referente porque a pesar de que hai moitos mercados e feiróns, a Feira de Betanzos é o espello no que se miran outras moitas, pola tradición, polos miles de persoas que a visitan, polas escenas históricas que nela represéntanse…

A feira volverá a incluir no seu programa as escenas máis tradicionais que son símbolo da mesma, según explicou a alcaldesa, María Barral, “e que, evidentemente, imos manter: A carreira de Bocois, a revolta Irmandiña; a Expulsión dos Leprosos; o Torneo Medieval; o Aquelare, Os lumes e Malabares; a Cetrería…

A espectacularidade das escenas únese o casco histórico, un lugar máxico no que haberá repartidos 110 postos. Menos que na época preCovid, pero que por razóns de seguridade, distancias…. “é necesario seguir tomando medidas e de aí esa reducción duns 20 postos, aproximadamente”.

Indicou que houbo algo máis de 300 peticións, polo que o Concello tivo que facer unha selección, valorando a traxectoria de cada profesional así como o cumprimento, en caso de participar en edicións anteriores, do regulamento ou normas que marca o Concello para poder participar na feira.

Ao longo dos días de feira participarán unhas 200 persoas, entre os propios voluntarios, protagonistas en moitas das escenas que se representarán estes días; e os servizos de municipais; Protección Civil, Policía Local, bombeiros, Cruz Vermella….

En canto ás rúas, os postos instalaranse polas zonas habituais, isto é: porta da Vila, rúa do Castro, praza da Constitución; Santiago, Roldán; Peixaría, praza Fernández Pérez de Andrade, e Santa María.