Baiona, Combarro, Fisterra e Ponteceso, compiten por ser pobo do ano


Os concellos pontevedreses de Baiona e Combarro e os coruñeses de Fisterra e Ponteceso compiten pola distinción de ser declarados pobo galego do ano. Os catro chegaron a finalistas nunha criba realizsada polos xornais do grupo Prensa Ibérica.

Agora serán os lectores os que a través das votación abertas nas webs dos diarios diriman o resultado final. A distinción estrease este ano para visibilizar, coidar e impulsar os pobos españois e a contorna rural.

A primeira rolda de presentación de candidaturas pechouse o pasado 19 de xuño. Un grupo de expertos elixiu entre tres e cinco pobos finalistas por categoría a partir dos méritos presentados.

Este xurado profesional elixido os seus finalistas entre os 26 pobos participantes (que podían optar a varias candidaturas simultáneas).