Axuda da Xunta de 0,36 M€ á peregrinación europea de 15.000 mozos e mozas


O Consello da Xunta, presidido por Alfonso Rueda, autorizou este xoves o convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Conferencia Episcopal Española para a organización e realización de actividades dentro da Peregrinación Europea da Xuventude á tumba do apóstolo Santiago. O convenio conta cun orzamenmto de 360.427 euros.

A Xunta, no marco da celebración do Xacobeo, colabora coa Pastoral Xuvenil, que todos os veráns dos anos santos organiza a Peregrinación Europea da Xuventude, convocada pola Arquidiócese de Santiago e organizada desde a Subcomisión para a Mocidade e Infancia da Conferencia Episcopal Española conxuntamente coa mencionada arquidiócese.

Prevése unha participación de 15.000 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Contyarán coa axuda de 5000 voluntarios das cinco dióceses galegas.