As travesías gratuitas en Arousa no galeón poden reservarse a partir do día 26


O Concello de Vilagarcía abre ás 9 da mañá do vindeiro martes 29 de xullo a reserva de prazas para participar nas travesías gratuítas en galeón Rompetimóns que se desenvolverán durante determinadas fins de semana de xullo, agosto e setembro. Nesta nova edición do exitoso programa turístico e de divulgación etnográfica e medioambiental realizaranse 18 viaxes nas que poderán participar un total de 162 persoas. Como o ano pasado, as reservas realizaranse a través de http://www.ataquilla.com.
 
As travesías turísticas a desenvolver no mes de xullo serán os venres 29 e o sábado 30. En agosto haberá rutas os días 12, 13, 19 e 20, tamén venres e sábados, mentres que as de setembro serán o sábado 3 e o domingo 4. Esta última xornada será exclusiva para a participación de persoas maiores, que deberán reservar praza directamente na Concellería unha vez que se abra o correspondente prazo, xa cara a última quincena de agosto. En cada unha das xornadas sinaladas realizaranse dúas saídas do galeón, unha ás 16.00 horas e outra ás 18.00, todas eles dende o Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía. En cada viaxe poderán tomar parte 9 pasaxeiros e as saídas quedarán supeditadas, en todo caso, ás condicións meteorolóxicas.