As rutas dos viños galegos conectadas coa vangarda artística grazas a Terras Gauda


A alianza entre Turismo de Galicia e Terras Gauda conecta a vangarda artística internacional coa promoción das rutas do viño galego. Os finalistas e premiados da Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón enviaron 63 carteis a este certame, procedentes de catorce países de todo o mundo.

O xurado, presidido por Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e do que formaron parte os deseñadores Javier Mariscal, e Marcelo Ghio, director de Experimenta, ademais de Santiago Bacariza, xefe de Área de Produto de Turismo de Galicia, xa se reuniu para as deliberacións e designou os carteis premiados, cunha dotación económica de 5.000 € cada un.

Trátase deseñadora de Polonia, Maria Nolepa, quen tamén logrou o 1º Accésit da Bienal de Terras Gauda neste 2022, foi unha das galardoadas. De Kazakhstan procede o outro cartel premiado. Neste caso, asinado pola artista gráfica Marina Mun.

Ambas formaban parte do elenco de 48 finalistas e premiados desta última edición do Concurso Francisco Mantecón, no que participaron 1.249 carteis de 64 países dos cinco continentes.

Coas pezas gráficas propostas polas deseñadoras de Polonia e Kazakhstan, Turismo de Galicia promocionará as 12ª e 13ª Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño das cinco denominacións de orixe galegas: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras. Unha iniciativa turística que se celebra anualmente.