Arranca a preparación do Marisquiño na praia de Samil


O alcalde de Vigo,Abel Caballero, visitou xunto cos organizadores, o comezo das instalacións de O Marisquiño na praia de Samil, onde como novidade, este ano se albergará a proba da World Cup Skateboarding. O festival terá lugar os dende o venres 12 ata o domingo 14 de agosto do 2022.

O rexedor amosouse “encantado con que O Marisquiño se veña a Samil, xa que na tradición do skate esta a súa práctica na proximidade das praias”, ademais afirmou que “imos darlle un novo atractivo a unha praia marabillosa como é Samil”.

Neste proxecto por estender o festival pola cidade, ademais da proba de skatebording en Samil, Vialia será a sede da proba mundial de Basket 3X3 campionato FIBA. A este respecto Caballero afirmou que “é bo para a simetría da cidade”.

Para facilitar a conexión entre as diferentes sedes, dende o Concello porase en marcha un carril para bicicleta, skate ou patinetes na Avenida de Europa para facilitar os desprazamentos entre Castelao e Samil. A idea é “conectar o resto da cidade ca praia de Samil, sendo un gran dinamizador de transporte ecolóxico”.