Apoio de Vigo e da Deputación ao SeaFest con 150.000 euros


O alcalde olívico, Abel Caballero, puxo en valor a achega de 155.000 euros que realizan o Concello e a Deputación de Pontevedra mediante un convenio de colaboración, polo que Vigo apoia o evento con 100.000 euros mentres o ente provincial dedica 55.000 euros. Con todo, avanzou “queremos aumentar” a cantidade.

A presidenta provincial, Carmela Silva, declarou que “é un orgullo para a Deputación cofinanciar eventos coma este, que sitúan a cidade olívica como un referente turístico e económico. Acompañaremos ao alcalde a degustar os nosos produtos do mar".

O Vigo SeaFest celébrase esta fin de semana, dende o xoves, 7 de xullo, ata o domingo, 10 de xullo, organizado pola Cooperativa de Armadores de Pesca (ARVI) como un evento de promoción da produción pesqueira local e da súa importancia social e económica. Ao tempo serve de escaparate para o promoción da cidade e das Rías Baixas.

Caballero apuntou que, amais, é “unha oportunidade para potenciar o emprego nas empresas pesqueiras e unha cita interesante para xerar emprego”, salientando a relevancia do sector da pesca no que “somos potencia industrial no mundo”.