A venda este venres as entradas do concerto de Sting para a platea


Mañán, venres 8 de xullo, estará dispoñible a reserva de espazo na platea de Castrelos para asistir ao concerto de Sting, que actuará o sábado 6 de agosto. Tal e como ven sendo habitual, simultanearase a venda online e presencial, cun custo de 12 euros por entrada.

Na páxina web municipal quedará habilitado un banner de Vigo en festas-Entradas Castrelos que, a súa vez, redirixirá a unha páxina de reservas na que se poderán adquirir un máximo de dúas entradas por persoa. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía -independentemente do seu horario de traballo – as entradas sairán en dúas quendas: 1.500 ás 10,00 h e outras tantas ás 17,00 h. Pensando nas persoas que non teñan acceso ás novas tecnoloxías, poranse outras 1.000 entradas á venda no Auditorio Municipal (1.000 ás 10,00h e outras 1.000, ás 17,00h).