Malia ás elevadas temperaturas que se rexistraron durante toda a fin de semana no Barco, a XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras desafíou ao calor e congregou na Praza de Viloira durante toda a fin de semana a numerosas persoas. “Calculamos que a asistencia medrou un 20% con respecto ao ano 2019, o anterior a pandemia, e que unhas 8.000 persoas pasaron nalgún momento da fin de semana polo recinto feiral”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.
“Ademais, conseguimos atraer numeroso público cun rango de idade comprendido entre os 20 e os 30 anos, que antes da pandemia se nos escapaba. De feito, era unha das nosas materias pendentes”, abunda García Pando. O presidente do Consello Regulador tamén fai fincapé no éxito das catas comentadas que se celebraron como actividades paralelas nos xardíns da Casa Grande de Viloira e que completaron o seu aforo en todos os casos.