A Feira das Marabillas bota a andar cinco días de actividades gratuitas


A XXVII edición da Feira das Marabillas botou a andar coa apertura dos postos e o inicio das actividades. O evento ten orixe na Feira Franca do século XVII e foi retomada no 1993 como feira de ambientación medieval. A Cidade Vella recreará a Coruña da Idade Media, con cinco días de actividades gratuítas para todos os públicos.

A compañía "La troupete del Luisete", de Luis Oviedo dou inicio ás actividades nun acto celebrado na Praza de Azcárraga, logo da lectura do pregón a cargo da compañía. Ao acto asistiron a alcaldesa, Inés Rey e o Presidente de ACECA, Adolfo López Cabrera; xunto con outros membros da asociación e das diferentes compañías que participarán no programa de actividades, como Tartaruga teatro, Treefolk ou Teatro Infinito. "Durante 5 días recrearemos a Coruña da época medieval, con actuacións musicais, espectáculos de acrobacias e circenses así como representacións que nos levarán a revivir a nosa cidade como na antigüedade" sinalou a rexedora.

A Feira das Marabillas leva celebrándose case tres décadas de forma ininterrompida, coa única excepción dos dous últimos anos por mor da Covid-19. Esta é a primeira edición despois da pandemia, volvendo a retomar a súa tradición. "Esta é unha feira de orixe, con ADN coruñés, no que recordamos a todos aqueles comerciantes e familias que traballaban entre estes muros" explicou a alcaldesa, "é por iso que queremos que sexa unha feira aberta a todos os coruñeses e coruñesas, tamén aos máis pequenos, que atoparán na Praza de María Pita un espazo deseñado especificamente para eles".

Tras o inicio da Feira na Praza da Azcárraga tivo lugar a apertura do Recuncho das Pícaras, o espazo infantil situado na Praza de María Pita, cun pregón orientado a nenos e nenas. A lectura estivo a cargo de "Bosque animado", que inaugurou a xornada de actividades cunha amenizada actuación. "O Recuncho das Pícaras será o epicentro do medievo infantil, onde nenos e nenas gozarán de actividades e atraccións infantiles para rememorar con nós a historia medieval da Coruña" destacou Inés Rey.

Ate o luns 25 de xullo levaranse a cabo actividades culturais entre os muros da Cidade Vella. Actuacións musicais, recreacións históricas e espectáculos teatrais e de acrobacias encherán as prazas e rúas do casco histórico. A Feira rematará o domingo 25 coa representación de "La Casa de Bernarda Alba", a cargo de Noite Bohemia. "Unha das obras máis importantes da historia do teatro español e que terá como escenario a Colexiata de Santa María, un espazo privilexiado no que volver a revivir o teatro na súa máxima expresión: a pé de rúa" conclueu a alcaldesa.