A Coruña e Vigo, últimas oportunidades para ver a Serrat en Galicia


O Coliseum da Coruña acollerá este venres, 8 de xullo, o esperado concerto de Joan Manuel Serrat, unha cita única que forma parte da súa xira de despedida, "El vicio de cantar, 1965-2022".

O recital comezará ás 22.00 horas, con apertura de portas ás 20.30 horas. As escasas entradas que quedan dispoñibles poden adquirirse en www.ataquilla.com.

A capacidade practicamente completa constitúe o mellor tributo do público coruñés a este artista que, despois da forzosa inactividade pola pandemia, sempre dixo que quería despedirse persoalmente do público co que compartiu vida e cancións durante máis de medio século.

"Antes de que me retire una pandemia, el tiempo o la gente, me retiro yo, pero me retiro de subirme a los escenarios, no de vivir". Con estas palabras explicaba o por que desta despedida o cantante, que terá cumpridos os 79 anos ao final da súa intensa xira, que comezou en Nova York en abril de 2022 e está previsto que remate no Palau Sant Jordi de Barcelona o 23 de decembro.

Os fans que que non poidan acudir a cita herculina ten unha derradeira oportunidade de velo en Galicia o vindeiro domingo, día 10, no auditorio de Castrelos. A actuación será as dez da noite.