Xa en marcha a comisión de irmanamento A Guarda-Póvoa de Varzim


Xa está constituida a Comisión de Irmanamento entre o concello da Guarda e a Cámara de Póvoa de Varzim. Esta comisión está integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, un representante de cada un dos grupos municipais e un representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

A Comisión de Irmanamento acordou autorizar ao Alcalde da Guarda na sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao” que terá lugar o próximo 29 de xuño en Póvoa de Varzim.

Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido á pandemia do Covid houbo que retrasar a súa celebración ata o 2022.

Os actos centrais en Póvoa terán lugar o 29 e 30 de xuño, e na Guarda se farán coincidir coa celebración da romería de Sta. Trega o 23 de setembro e a celebración dun Pleno Extraordinario o 24 de mesmo mes.

A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos, incrementar as relacións culturais, fomentar un turismo mutuo entre os cidadáns de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables da xestión municipal coa finalidade de propiciar o intercambio de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.