Volve o Seafest a Vigo para promocionar a producción pesqueira local


A Xunta de Goberno de Vigo deu luz verde ao convenio entre o propio Concello e Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento do Seafest 2022. Ámbalas dúas institucións achegan un total de 155.000 euros, dos que 100.000 proceden das arcas municipais.

O festival, organizado pola Cooperativa de Armadores, celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de xullo. Trátase dun evento de promoción da produción pesqueira local e da súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras.

Outro dos asuntos que validou o goberno local na Xunta de Goberno foi o acordo de colaboración coa Asociación cidadá de loita contra a droga Alborada para o desenvolvemento do programa de incorporación social en agricultura ecolóxica “Verdear”.

O convenio, de 48.000 euros, estenderase ata o no 2025, a razón de 12.000 euros. Con Verdear, Alborada busca mellorar a calidade de vida e a incorporación social dos seus usuarios, promovendo o coñecemento das técnicas traballo da agricultura ecolóxica. Alborada leva 40 anos traballando no tratamento e mellora da calidad de vida dos pacientes con trastornos aditivos.