Volta ao calendario báquico a Feira do Viño de Valdeorras


A Feira do Viño de Valdeorras, que se terá lugar na praza barquense de Viloira durante a fin de semana do 9 e 10 de xullo. O Consello Regulador desta denominación de orixe e o Concello do Barco de Valdeorras. Dende o Consello Regulador e dende o propio Concello do Barco están a deseñar un completo programa de actividades paralelas para diferentes públicos, que inclúen catas comentadas sobre maridaxe dos viños comarcais con diferentes variedades de queixos ou pans, entre outros produtos autóctonos.

Amais diso, celebrarase un obradoiro de iniciación á cata. Proximamente, desvelarase tanto o cartel ilustrador da feira como o programa completo de actos. O que xa se acordou é o prezo das copas durante a Feira, que será de dous euros e o das degustacións, de 1,75 euros. Se ben, haberá packs de aforro no caso de que se adquiran catro ou máis degustacións.

O horario de apertura dos stands das adegas será de 12,30 a 14,30 horas e de 19,30 a 23,00 horas durante o sábado e o domingo. Previamente á celebración da Feira, é como é habitual, desenvolverase unha nova edición da Cata Oficial dos Viños de Valdeorras. Terá lugar na xornada do venres, 8 de xullo, e os premios entregaranse ese día pola noite no Paladium de Vilamartín de Valdeorras.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quere animar a todos e a todas os galegos e aos residentes noutros puntos da península e mesmo de Portugal a visitar a comarca nunhas datas nas que o viño será o protagonista absoluto. “Non se arrepentirán -asegurá- descubrirán o auténtico berce do godello, cuns brancos envexables e uns tintos que cada vez gozan de máis prestixio e recoñecemento e, por suposto, todo isto no marco dunha paisaxe incomparable, cunha gastronomía autóctona e un patrimonio vitivinícola singular entre o que salientan as míticas covas”