Valença remata o ciclo os Sons do Caminho o día 18 na Fortaleza




A localidade fronteiriza portuguesa Valença do Minho cerrará o vindeiro 18 de xuño a serie de concertos do ciclo os Sons do Caminho na igrexa de Santo Estevao, na Fortaleza as nove e media da noite.

Actuarán Miguel Leite e António Vitorino d’Almeida, acompañados de Artur Caldeira na guitarra clásica, Daniel Paredes na guitarra portuguesa e Artur Gil Godinho tamén na guitarra clásica.

Sons do Caminho está a levar concertos, de elevada calidade, ás freguesias atravesadas polo Camiño Portugués de Santiago, nunha política de descentralización impulsada polo concello.

O ciclo de concertos Sons do Caminho, é unha iniciativa da Cámara Municipal de Valença que integra accións para poñer en valor os Camiños de Santiago – Camiño Portugués da Costa, financiado polo Norte 2020, Programa Operacional da Rexión do norte.