Valença do Minho proxecta un plan para mimar o Camiño a Santiago


O presidente da Câmara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira e os concelleiros Ana Paula Xavier e Arlindo Sousa realizaron visitas os tramos do Camino Portugués Central de Santiago, desde a entrada no concelho, acompañados dos presidentes de Junta de Freguesia e dos técnicos municipais de Turismo, Obras Públicas e Protección Civil.

Estas visitas técnicas ten por obxecto facer unha evaluación sobre o estado destas rutas do Camiño de Santiago, que atravesan varias freguesias do concello, e proxectar un plan de intervención a nivel de limpeza e corte de vexetación así como de sinalización e conservación do piso.

Os Camiños de Santiago son baluartes turísticos de Valença, sendo unha prioridade a súa preservación e posta en valor para que os peregrinos leven do concello a mellor imaxe e recordo.