Todo a punto para arrancar este xoves a Festa do Viño de Barro





A Festa do Viño de Barro arranca este xoves e desenvolverase neste concello pontevedrés hasta o domingo 19 con multitude de actividades, entre elas as coñecidas catas, que se celebrarán o propio domingo desde as dez e media da mañán.

O XV Certame dos Viños da Denominación de Orixe Rías Baixas inaugurarase oficialmente o venres as nove da noite e o pregón correrá a cargo de Johnny Güimil. Pola noite o prato forte estará, a partires das dez e media, nas orquestras Marbella e Los Satélites.

O sábado serán as orquestras Finisterre e Metrópolis as que amenizarán a verbena. E o domingo as dez e media da mañán celebraranse as catas de viños albariños Rías Baixas e caseiros.

A mediodía haberá unha concentración de motos clásicas, seguida dun xantar a base de sardiñas e viño e o broche final porao a actuación de Milladoiro.

.