Rulo y la Contrabanda, protagonistas hoy de las Fiestas de Ourense




Rulo y la Contrabanda chegan este sábado, 25 de xuño, ás Festas de Ourense coa súa xira “Noches de fuga y contrabando (25 años de canciones)”. O concerto organizado polo Concello será ás 23:00 horas na rúa Pardo de Cela, con entrada libre. O programa das festas terán tamén outra cita destacada para a mocidade desde as 11:00 horas, coa actividade Gaming experience, que acollerá durante toda a fin de semana o Auditorio Municipal. A música de verbena sonará de novo na rúa do Progreso, coa actuación da orquestra Olympus, en dobre sesión: ás 20:30 e á 1:00 da madrugada.

Rulo y la Contrabanda chega a Ourense nunha xira coa que percorre toda a xeografía española, e que rematará en xaneiro de 2023 no Wizink Center de Madrid. A banda está liderada por Raúl Gutiérrez Andérez, Rulo. Logo de formar parte durante 14 anos do grupo La Fuga, Rulo iniciou en 2010 a súa carreira acompañado de La Contrabanda co disco titulado ‘Señales de humo’ (Warner Music Spain, 2010), co que conseguiu o seu primeiro número 1 na lista de vendas. Dous anos máis tarde chegou o seu segundo traballo ‘Especies en extinción’ (Warner Music Spain, 2012) que tivo tamén unha grande acollida polo público, que o levou ao número 2 das listas. En 2016 edita ‘El doble de tu mitad‘ (Warner Music Spain, 2016), acadando de novo o número 1. En 2016 publica ‘El doble de tu mitad’ acadando de novo o número 1. O seu último traballo é “Basado en hechos reales”, que logrou tamén unha excelente acollida. En 2022 lanzou un novo sinxelo: “Dentro de una canción”

A xornada inclúe dúas citas coa música de verbena, da man da orquestra Olympus, que actuará na rúa do Progreso á altura da Alameda ás 20:30 e ás 01:00 horas. Radicada en Negreira, está considerada polo público como unha das mellores orquestras de Galicia. Iniciou a traxectoria como un pequeno grupo con moita ilusión e ganas que, con moito traballo e esforzo deu o grande paso de ampliar a formación e converterse en orquestra, chegando a ser unha das máis importantes de Galicia. Apostan por un grande espectáculo a todos os niveis: escenografía, luminotecnia, coreografías impactantes, pirotecnia, sorpresas e sobre todo moita música de calidade, con 15 compoñentes no escenario. Logo de catro traballos discográficos, varios DVD en vivo, milleiros de actuacións manteñen a mesma ilusión e enerxía para seguir medrando e ofrecendo cousas novas ao seu público, ano tras ano.