Ribadumia exalta este fin de semana o Viño Tinto do Salnés


O Concello Pontevedrés de Ribadumia acolle este fin de semana (días 3, 4 e 5 de xuño) a XLIX Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas, unha festa que une tradición e innovación, a piques de cumprir o quincuaxésimo aniversario. A inauguración, hoxe venres ás 13 horas.

Tres días de festexos arredor do viño e variedades autóctonas que serán os grandes presentes nas mesas locais e que reúnen a milleiros de persoas para desfrutar da gastronomía do Salnés. Por suposto, como en toda boa festa, non falta a boa música, que está presente durante todas as xornadas a través de orquestras, bandas de música, charangas e demais grupos musicais.

Cabe destacar o nomeamento dos “Valedores do Viño Tinto” que se fai o sábado e que pasan a convertirse en férreos defensores destes caldos. Este acto está programado para mañán sábado e será conducido polo humorista galego Pepo Suevos.

O acto culmina coa entrega dos premios aos mellores viños, seleccionados entre os máis dun cento que cada ano soen presentarse a concurso, e na comida de fraternidade, que reúne a máis de 600 comensais.

A música, para comenzar, esta tarde noite, na Praza do Concello coa actuación dos grupos localis Moel, Los Segundos, Battosai y Rheia Gorecki. Para a verbena, as orquestras Panamá e La Fórmula.

O sábado, pregón a cargo Fátima Mella, degustación gratuita de vino tinto, pan de millo e chourizos, un showcookig e a Festa da Espuma e verbena con Marbella y La Oca Band e o domingo concerto de Añoranza e M.80, e a orquestra Panorama para rematar.