Positivo balance da semana da D.O. Ribeiro na Coruña


O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Manuel Casares, fixo un balance “moi positivo” da Semana da D.O. Ribeiro celebrada na Coruña, tras varios días de actividades coas que a entidade quixo achegar os seus viños a veciños e turistas destalocalidade galega “á que nos unen vínculos históricos, xa que dos seus portos embarcaban miles de litros do Ribeiro xa nos séculos XII e XIV”, e que naactualidade é “unha cidade moi importante no noso plan de expansión”, lembrando que o Consello se atopa metido de cheo na conquista de novos mercados.

A Semana da D.O. Ribeiro incluíu a celebración dunTúnel do Viñona sede de Afundación, pola que pasaron 375 persoas en cinco días, e catro catas guiadas ás que asistiron 180 persoas interesadas en coñecermáis en profundidade os Treixadura, tanto brancos como tostados; os viños tintos de castes e unha selección de viños da D.O. elaborados por mulleres.

Uns datos que para Juan Manuel Casares “apoian a aposta feita polo Ribeiro para promocionarse e expandirse”, destacando non só a participación, senón tamén o interese xerado e a boa acollida que tivo o programa, froito do esforzo económico realizado polo C. R.D.O. que lles permitiu desenvolver este ano o maior orzamento en promoción da historia do Ribeiro.

Neste sentido, cabe lembrar tamén que o acto central da Semana, a celebración da Gala dos Premios D.O. Ribeiro, reuniu no Centro Ágora a máis de 200 persoas, entre adegueiros, viticultores e amantes do viño, cuxa presenza puxo de manifesto que “o Ribeiro está de moda e que se se sabe aproveitar, vivirá unha nova primavera”. Ademais, Casares sinalou tamén o positivo que resulta sacar ao Ribeiro da súa zona de orixe, “porque nos permite ver un Ribeiro en todo o seu esplendor, de horizontes amplos, e non encollido en si mesmo”, incidindo unha vez máis nesa aposta necesaria feita pola entidade para “abrir novos mercados e reforzar os xa conquistados”.