Pontevedra non stop


«Pontevedra non ten parada», dixo a concelleira de festas Carme da Silva, durante a presentación da programación de verán Así o constata a ambiciosa e intensa programación que o Concello de Pontevedra ten preparada e pechada para este estío, e que promete encher de vida, ocio e cultura os barrios, as parroquias, as prazas e as rúas da Boa Vila.

Cun programa que se inicia de xeito inminente, co xa presentado Surfing the Lérez, e que chegará até o mes de setembro cunha despedida por todo o alto coa Feira Franca; o verán pontevedrés será un fervedoiro de actividades.

«É un verán que chega con moita gana de alegría e de contacto humano», lembrou a edil. «O programa que hoxe presentamos non inclúe a programación da Peregrina porque decidimos sacalo separadamente porque xa sería un tomo de enciclopedia e non un libro manexable.

Pronto falaremos da Peregrina e das súas sorpresas, mais aquí están todas as actividades». «É unha programación intensa e variada, tanto pola súa diversidade na tipoloxía: danza, cinema, literatura, música, animación… como pola diversidade no número de espazos nos que teremos actividades, xa que falaríamos de ao redor de vinte lugares diferentes, dentro do centro histórico, nos barrios, nas parroquias…. E tamén será variada nos formatos, con citas máis grandes, máis pequenas ou con público sentado ou de pé. Teremos de todo», dixo da Silva. T

al e como queda recollido no programa oficial, a Boa Vila ten por diante os seguintes ciclos ou eventos. • Surfing the Lérez (23-25 de xuño) • Ambienta (27 de xuño ao 1 de xullo) • III Festival de Música de Cámara Cidade de Pontevedra (2 ao 3 de xullo, en Santa Clara)• Animatrón (5 ao 8 de xullo) • Festa dos Libros (8 ao 10 de xullo) • Música de Bandas (9, 16 e 23 de xullo) • Romaría de San Bieito de Lérez (11 de xullo) • XXIII Memorial Ricardo Portela. Homenaxe a Maruxa Miguéns e Xosé Romero (15 ao 17 de xullo) • XXVIII Festival Internacional de Jazz e Blues (20 ao 24 de xullo) • Festixeve (21 ao 24 de xullo) • Festas de Santiaguiño do Burgo (22 ao 26 de xullo) • Urbana Monte Porreiro (27 ao 30 de xullo) • Cinema a Estrelas (27 o 31 de xullo) • Trebellando na Alameda. Ciclo infantil de teatro música e maxia (1 ao 5 de agosto) • Noites de Monólogos (1 ao 5 de agosto) • Galicia Ilusiona (2 de agosto) • Itineranta (3 ao 5 de agosto) • Senda Festival (5 e 6 de agosto) • Con voz de muller (6 ao 10 de agosto) • O Son Local (9 ao 12 de agosto) • Aquí Cántase (12 de agosto) • Festa do Demo (23 de agosto) • Feira Franca (2 e 3 de setembro)