Poio activa o plan de dinamización da Casa Museo de Colón


A Casa Museo de Colón comeza “unha nova etapa”. Así o considera a tenente de alcalde e concelleira de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), logo de que o Concello activase o Plan de Dinamización que servirá para dar un novo pulo ás emblemáticas instalacións situadas no lugar de Portosanto.

A edil do Goberno local mantivo hai uns días unha reunión de traballo con responsables da firma Tempos Arqueólogos, que será a encargada de desenvolver as iniciativas que se inclúen no devandito plan, e con Pedro Martín, presidenta da Asociación Galicia Histórica, un colectivo “plenamente implicado na difusión e promoción do museo e da teoría da orixe galega de Cristóbal Colón”, apunta Díaz.