Os sabores do Atlántico inundan Martín Códax durante o verán


Bodegas Martín Códax lanza o seu programa de verán para os vindeiros meses de xullo e agosto, unha programación que ten como obxectivo cumplimentar as actividades da zona ofrecendo experiencias enoturísticas únicas e con un marcado carácter Atlántico. Coma ven sendo costume, a axenda de verán da Bodega Martín Códax integra tanto a cultura como o enoturismo, que permiten a aqueles que a visiten, coñecer máis sobre a tradición e a esencia das Rías Baixas. Despois da boa acollida do pasado ano, a axenda contará cunha nova edición de As Tardes do Atlántico e As Enoviaxes de Códax. As entradas para as dúas actividades estarán disponibles a partir do mércoles 22 de xuño ás 12:00 horas na web www.marticodax.com.

As Tardes do Atlántico presenta unha oferta que busca ofrecer unha experiencia totalmente atlántica a todos os que se acheguen á terraza de Bodegas Martín Códax. Nesta edición, dez cociñeiros de diferentes zonas de Galicia daránse cita na terraza, para poñer en sintonía ós participantes coa contorna, unha proposta gastronómica desenfadada e arraigada no territorio co albariño como coprotagonista.

Estas propostas gastronómicas serán unha maridaxe perfecta e innovadora co que poder acompañar ós diferentes viños da adega, albariños cultivados e elaborados no Salnés. Esta experiencia enoturística, cun prezo de 25 euros por persona, terá un aforo limitado, polo que para asistir será necesario mercar as entradas previamente.

As Tardes do Atlántico terán o seguinte calendario:5 de xullo, Iago Pazos, Restaurante Loxe Mareiro; 12 de xullo,Víctor Conus, Restaurante La Mesa de Conus; 19 de xullo, Adriana Martínez, Restaurante Zicatela; 26 de xullo, Carlos Insua e Jordi López, Restaurante Benedita Elisa; 2 de agosto, Álex Bacelo e Mar Lago, Restaurante Bacelo; 9 de agosto, Juan Carlos Perret, Restaurante Kero;16 de agosto, Julio Moscoso; 23 de agosto, Adrián Pérez, Restaurante Sinxelo;30 de agosto, Adrián Albino, Restaurante Niño Corvo e 6 de setembro, Moncho Bargo e Javi Freijeiro, Restaurante Pracer.

Por outra banda, As Enoviaxes de Códax son un percorrido polo panorama enolóxico galego, nacional e internacional que porán de manifesto a versatilidade dos viños. Da man de diferentes invitados, as tardes dos xoves de xullo e agosto, cunha duración aproximada dunha hora e media, serán una cita imperdoable para tódolos amantes do viño onde o programa de As Enoviaxes ofrece unha experiencia única. Esta actividade, que terá un prezo de 25 euros por persona e un aforo limitado. Todas elas ás 20 horas.

O calendario de As Enoviaxes é o seguinte: Xullo 6 de xullo, Os segredos de Monterrei, da man de Juan Manuel Sánchez, enólogo da Bodega Terras do Cigarrón; 13 de xullo ,Viños de Alemaña, Alejandro Paadín; 20 de xullo, O Albariño polo mundo, Javier Paadín, sumiller de Bodegas Martín Códax; 27 de xullo, Viños do Camiño de Santiago, Enrique López, escritor do mundo do viño; 3 de agosto,Terruños ó límite do novo mundo, Carlota Iglesias, sumiller do restaurante Cabanas en Lalín;10 de agosto, Descubrindo Xerez, Mercedes González, formadora oficial de viños de Xerez;17 de agosto, O Chardonnay e os terruño de Francia, Eduardo Camiña, propietario e sumiller do Furancho Lagüita Lieux-dit; 24 de agosto, D.O. Ribera del Duero, Viticultura e Tipicidade, Alberto Tobes, director técnico de viticultura e experimentación da D. O. Ribera del Duero e 31 de agosto, As Castes Galegas,Soraya Grandal, responsable de enoturismo do Pazo de Almuíña.